Moito tiñan para aportar os alumnos e alumnas dos colexios do Porriño, e todos foron moi xeitosos, participativos e colaboradores. Quizáis hobera algún momento de caos pero rápidamente se solucionou. Eran moita rapazada a que se reuníu no Centro Cultural do Porriño, grazas, entre outras, á Concellería de Mocidade e Servizos Sociais do Concello e a OMIX do Porriño.
Hai que salientar que moitos dos rapaces e rapazas xa estaban bastante enterados dos perigos do mal uso dos antibióticos pero non todos sobre a evolución das bacterias e a súa relación coa evolución das especies máis grandes, ao cabo, todos formamos parte do pensamento de Darwin, da evolución.
Moitas grazas a todos e todas!
Publicar un comentario