Un dos problemas que nos atopamos, eu diría o maior problema, coas representacións da obra e o desinterese dos responsables (directores, profesores...) dos colexios. Proponémolles representar unha obra de caracter educativo de balde, e dicer, os actores e o técnico van o seu colexio montan todo, representan e desmontan, regalan camisetas etc e o colexio non paga un euro e ainda por riba todo son problemas. Mellor acollida temos cos APAS. Representar polas tardes e un problema por que os profesores non queren vir despois das duas... isto é o que me dixo o director do Curros Enríquez da Coruña, e para despedirme deume unha palmadiña nas costas. A todo esto, para xustificar o seu interese repetiume catro ou cinco veces o mesmo, coma se coa repetición os seus argumentos gañaran peso. "Esto é o que hai" e un mantra que se repite na nosa sociedade galega. Hoxe en día existe un debate científico sobre si existe a selección sobre grupos ou polo contrario a selección só opera sobre individuos. A sociedade galega, con un tercio de xubilados, unha morea de funcionarios e o "esto é o que hai" como consigna será no futuro un bo caso control de como operan as forzas de selección sobre a supervivencia do grupo. E a ver se polo menos nos deixan emigrar.
Publicar un comentario