Que lonxe! Pero á vez, "que cercano!" foi a representación de "Actuaciencia" en Vilalba. O CEIP Mato Vizoso prestounos o seu teatro para que "Cero Un" e "Cero Unha" levaran a cabo a súa importante misión sobre os perigos do mal uso dos antibióticos e do máis perigoso que será aínda a súa evolución coma especie.
O alumnado estaba un chisco desconcertado ao comezo da obra pero rápidamente entenderon aos dous personaxes. Grazas a todos e todas polo recibimento, a colaboración e participación no espectáculo.
Publicar un comentario