martes, 23 de noviembre de 2010

Actuaciencia no CEIP Baños de Molgas ( Baños de Molgas, 19-11-10)

Dende aquí recomendamos a todo aquel que lle guste que o poñan a proba que visite este colexio. Sen dúbida, esta foi unha das nosas mellores aventuras. Todo comezou por unha longa viaxe (con desorientación grave incluida), seguindo por un colexio digno dunha pelicula (antigo, pero con moitísimo encanto) e rematando por un público difícil.
 
Tivemos que facer a nosa actuación nunha pequeña biblioteca, proxectando medio de lado e intentando chegar a o grupo de rapaces máis difícil que tivemos nas nosas viaxes. Quero pensar que se debe á presenza dos nenos e nenas de infantil que tamén nos visitaron, aínda que non todos remataron de vernos porque choraron ou se aburrían ( ejem...) Ben, quedémonos coa parte final onde logramos que todos estivesen moito más activos e participativos.
 
Destacar ó director de centro, que foi o que se encargou de recibirnos, axudarnos en todo o necesario e estivo sempre moi pendente de nós. Do resto de profesores a verdade e que non tivemos moitas noticias. Un forte abrazo

No hay comentarios:

Publicar un comentario