Como sitio clave das representacións de Actuaciencia, este xoves voltamos á Domus da Coruña para representar a obra nun poco común horario de tarde e coa participación en directo de Esteban Fernández (Doutor e coautor da peza). Aínda que non asistíu ningún colexio a esta representación non botamos en falla a participación, que foi marabillosa por parte dos visitantes á Domus.
O público tivo a oportunidade de facer preguntas sobre as bacterias e sobre os antibióticos a todo un experto na materia.
O único do que non quedamos contentos no equipo da obra foi non poder quedar á conferencia que se ofrecía despois, que tiña pinta de ser moi interesante, pero tivemos que coller os nosos bártulos e marchar a toda prisa cara a nosa seguinte entrada neste blog: O museo da ciencia de Valladolid!
Publicar un comentario