Tes que ir á seguinte páxina: http://programacion.cuacfm.
Unha vez alí, escoller o día da semana na que emitides, que creo que era o domingo. Así entrades nunha páxina onde están os enlaces de todos os programas dispoñibles para baixar que se emitiron en domingo. Os nomes dos arquivos están codificados do seguinte xeito:
Día da semana en inglés (as tres primeiras letras) - Hora de comezo do programa (en formato de 24 horas - Día de emisión do programa (numérico dentro do mes)
Como vós emitides os domingos, creo que ás 10 da noite, os arquivos dos vosos programas deberían empezar por algo así como "Sun-22". E a continuación diso debería ir outro guión e o día do mes no que fixestes o programa. Creo que dixérades que íades comezar o 1 de abril. Polo tanto, debería haber un enlace que puxera "Sun-22-01.mp3" (ese sería o programa emitido o 1 de abril, domingo, ás 10 da noite) e outro que puxera "Sun-22-08.mp3" (ese sería o do domingo 8, se é que o fixestes)
Pulsades cada un dos enlaces e xa tedes a posibilidade de baixar os aproximadamente 52 megas de programa que ocupa cada arquivo. Pola miña experiencia, ao pulsar o enlace, pode pasarvos unha destas cousas:
- Aparece un cadro para abrir ou gardar o arquivo, como cando descargar calquera outro, esta é a mellor opción, pero non sempre funciona, non sei por que.
- No navegador web ábrese unha ventana en negro, e comeza a escoitarse o programa nos altofalantes. Se sucede iso, vas ao menú "Arquivo" do navegador, escolles "Gardar páxina como...", e xa che sae o cadro para abrir ou gardar antes mencionado.
E penso que xa está todo. Acabo de mirar na páxina dos programas do domingo, e efectivamente creo que está o programa gravado os días 1 e 8. Se algún deses días non fixestes programa, significa que gravaría a música de continuidade como se vós estivérades emitindo, non vos preocupedes.
Xa me contaredes se algunha cousa non funciona.
Apertas
Esteban
Publicar un comentario