viernes, 27 de noviembre de 2009

Actuaciencia no CEIP Zalaeta

O público deste colexio público da Coruña debeu ser o máis novo que tivemos en toda a xira, pero que ninguén pense que por iso foro peor público, para nada. Foron dos máis participativos, si, pero tamén dos máis educados alumnos e alumnas dos que tivemos. Ademais, cando presentamos aos cientificos había algún que coñecía aos que salían na pantalla. Pero é que tamén, grazas á proximidade deste CEIP co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña foi posibel que Esteban Fernández pudera estar con nos para contestar esas preguntas que moitos non se atreven a facer.
Unha sorte que deseguido foi aproveitada polos alumnos e profesores cos que, algo máis tarde, xa rematada a representación, seguíu un pequeno debate con rogos e preguntas acompañados dun café, que nos sentou xenial.
Moitas grazas ao profesorado do Zalaeta, ao alumnado e, por suposto, a Esteban por estar outra vez aí con nos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario