viernes, 27 de noviembre de 2009

Actuaciencia en Salceda de Caselas, no Centro Social "A Devesa"

Como remate da xira de Actuaciencia, dentro da semana da ciencia, fumos a representar a Salceda de Caselas, a un centro de maiores. A verdade é que non tivemos demasiado éxito na convocatoria, pero dende logo foi moi ben todo. Tres rapaces, un señor maior e uns cuantos máis adultos foron o noso público, ao que, por suposto, nos volcamos aínda mais.
Pero, coma todo neste mundo, remata. E con esta función rematamos o que foi unha das mellores xiras nas que participei na miña vida.
En breve publicaremos o nome do cole gañador do paquete promocional da Semana da Ciencia 2009!!
Estade atentos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario