viernes, 27 de noviembre de 2009

Actuaciencia na Domus, na Coruña.

Moitos rapaces e rapazas foron o que se achegaron ata a Domus da Coruña a ver o espectáculo, foi moi divertido actuar para os mesmos que aportaron todo o seu saber e bo facer para que este espectáculo chegara a bo porto. Só houbo unha diferenza sustancial, ao estaren presentes Esteban Fernández e parte do seu equipo de investigadores, os que asistiron a esta representación tiveron a sorte de poder formularlle preguntas. Unha sorte, sen dúbida. As preguntas versaron sobre temas moi variados, dende a bacteria máis perigosa ate a morte por "cagalera" pasando, como non, polas dúbidas que xerou a derradeira pandemia, a Gripe A.
Foi un autentico luxo contar coa presenza de tan ilustre público, Zero Unha e Zero Un quedaron encantados da experiencia e moi agradecidos a José Antonio (o técnico) e a todos os do equipo de investigadores que viñestes a vernos, non agardábamos tal benvida.
Grazas a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario