miércoles, 7 de octubre de 2009

Novo cartel de Actuaciencia


Este ano a obra de teatro ten un módulo novo: mutación. Trátase do vello xogo do "Teléfono estropeado", no que se lle a un neno unha frase e éste ten que pasala o seu amigo. Deste xeito introdúcense erros, que e unha analoxía do que pasa coa información xenética: no paso da información xenética de unha xeneración a outra (pais a fillos) vanse incorporando mutacións, mutacións que serán favorecidas ou non pola selección natural. Podedes vela obra do ano pasado en youtube: http://www.youtube.com/watch?v=rJyC11jAqk8&translated=1.

Este ano contamos con un cartel novo feito polo deseñador Leandro Lamas. Leandro tamén adícase o teatro e hoxe representará no Forum Metropolitano da Coruña unha obra sobre o cambio climático


No hay comentarios:

Publicar un comentario