Despois de dúas horas de camiño chegamos ao CEIP Frei Luis de Granada onde fixemos a representación nun ximnasio moi ben adaptado para o teatro. O público foi excelente, todo o alumnado participou activamente na representación pois, cando chegamos á parte onde ensinábamos o rhinovirus, un colectivo ataque de tos propúxose entorpecer a función pero, por sorte, remitíu en canto pasamos a xogar coas pompas e os globos.
Grazas ao profesorado, en especial a Antón, e a todo o alumnado do Frei Luis de Granada.
Publicar un comentario