Hoxe podemos ver unha campaña na prensa para que todos e todas lavémo-las mans. A campaña é para a prevención da gripe A. Lembrarvos que isto é para cortar a transmisión do virus. Coas bacterias pasa o mesmo. Hai que evitar que pasen dun doente a outro. Se as bacterias pasan doadamente entón vanse seleccionando as máis adaptadas, e así cada vez temos bacterias máis adaptadas os doentes. Se esto pasa nun hospital onde os doentes toman antibióticos a esgalla entón de doente a doente vanse seleccionando de cada vez as bacterias máis adaptadas ate chegar as que son resistentes os antibióticos e adaptadas a vivir nos doentes do hospital. Iso e o que pasa coa bacteria coa que eu traballo, Acinetobacter baumannii. Por iso e moi importante lavar as mans nos hospitais, cando se vai a visitar a alguén, saíndo dos cuartos de baño etc. Tamén sería importante non levar frores os pacentes, pero xa sei que esto as veces é difícil. Nos hospitais debe prevalecer a hixiene, non esquezades, así evitaremos a transmisión, e se non hai transmisión no hai adaptación.
Moi interesante
ResponderEliminar