"Dentro das experiencias de teatro científico, cómpre destacar as iniciativas impulsadas pola administración autonómica como a obra de teatro científico Alá no fondo hai sitio abondo, xa comentada anteriormente, así como o proxecto Actuaciencia, impulsado por Esteban Fernández, investigador do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), que levou por toda Galicia (en 65 representacións) un faladoiro teatralizado sobre os antibióticos, tratando de concienciar a poboación sobre o seu correcto uso, e a peza teatral "Que traballo tan curioso!" do Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Galicia. Esta última obra leva dende 2012 en escea con preto dunha vintena de representacións até o momento no que se redactou este capítulo. Está dirixida a un público infantil e familiar e persegue, entre outros obxectivos: poñer en valor o traballo do persoal científico, dar visibilidade ás mulleres na ciencia, achegar a vida microbiana a un público xeral e hábitos de hixiene saudables e ofrecer nun formato entretido contidos científicos rigurosos, como parte da oferta de programación cultural e de ocio".
No hay comentarios:
Publicar un comentario