Onde queira que vaia este espectáculo sempre é benvido, a proba témola en moitas das nosas visitas a coles e centros culturais pero, o outro día, no CEIP Escultor Acuña de Vigo puidemos ver cómo os propios rapaces e rapazas dábannos a súa benvida coa maior participación e máis activa que tivemos até o momento nesta xira, lástima que ao final se lles fóse un pouco a man e tivese que poñer orden o profesorado.
Tamén cabe salientar que o de non ter camisetas para todos/as comeza a ser un problema nos coles nos que nos anuncian como "portadores de regalos". Por moito que nos fastidie non somos os reis magos e o alumnado non ten que saber que pode levar algo por que senón, se ao final non leva nada, frústrase e intenta conseguilo a gritos. Comeza a ser unha nota común en moitos centros, non quere dicir que ocorrera só neste.
Sacando cousas que rodean os pormenores dunha representación destas características, noraboa a todo o alumnado do CEIP Escultor Acuña, foi un pracer xogar con vós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario