Páginas

martes, 23 de noviembre de 2010

Actuaciencia no CEIP Espiñeira (Aldán 22-11-10) 

Sempre que espertas a mañan antes de facer unha actuación, desexas que todo vaia ben, que sexa divertido e cómodo, sen complicacións. Pois non sei quen nos escoitou esta mañan, pero cumpliuse. Hoxe todos disfrutamos. Nenos, actores, profesores.... dende o primer momento ata o último, a nosa visita a este centro está chea de bos momentos. Moi bo trato de parte de todo o mundo, un íntimo pero moi interesante salón de actos, un grupo de nenos e nenas moi agradables e participativos.... que máis se pode pedir?
 
En definitiva, que esperamos que para o colexio fose tan agradable como para nós este día, foi un auténtico pracer. Un forte abrazo a todos!!!

Actuaciencia no CEIP Baños de Molgas ( Baños de Molgas, 19-11-10)

Dende aquí recomendamos a todo aquel que lle guste que o poñan a proba que visite este colexio. Sen dúbida, esta foi unha das nosas mellores aventuras. Todo comezou por unha longa viaxe (con desorientación grave incluida), seguindo por un colexio digno dunha pelicula (antigo, pero con moitísimo encanto) e rematando por un público difícil.
 
Tivemos que facer a nosa actuación nunha pequeña biblioteca, proxectando medio de lado e intentando chegar a o grupo de rapaces máis difícil que tivemos nas nosas viaxes. Quero pensar que se debe á presenza dos nenos e nenas de infantil que tamén nos visitaron, aínda que non todos remataron de vernos porque choraron ou se aburrían ( ejem...) Ben, quedémonos coa parte final onde logramos que todos estivesen moito más activos e participativos.
 
Destacar ó director de centro, que foi o que se encargou de recibirnos, axudarnos en todo o necesario e estivo sempre moi pendente de nós. Do resto de profesores a verdade e que non tivemos moitas noticias. Un forte abrazo

Actuaciencia no CEIP Abanqueiro ( Boiro, 16-11-10)

A ley de Murphy dí que " cando as cousan teñen que ir mal, irán mal". E o Murphy este non erra casi nunca. Digamos que non foi o noso mellor día, pero non por culpa do centro nin moito menos. Os nenos e nenas non recibiron de nós a nosa mellor versión e, pese a que creemos que o pasaron ben, deben saber que podemos facelo moito mellor!
 
Sobre todo tendo en conta o bo xogo que nos podía dar este centro. Uns rapaces receptivos, divertidos... uns profesores activos.... un bo escenario acompañado dun bo material técnico... Creo que esta é a pequena espiña que nos vai quedar, haberá que volver para que vexan do que somos capaces!!!! Grazas por todo!!!

Actuaciencia no CEIP Mestre Manuel García ( Sta. María de Oia, 12-11-10)

Neste gran colexio podemos decir que xogábamos en casa, xa que un de nós pasou a súa infancia neste recinto. Non acompañou o tempo, pero compensouno o bo trato. Non só fomos ben recibidos e tratados, senón que ainda por riba convidáronnos a comer! E estaba todo boísimo!! Menos mal que non tiñamos que volver a actuar despois, porque comemos a fartar!
 
Cando rematamos a nosa actuación, a conexión cos nenos era total, vivírono a tope! Hasta casi temos que facer un BIS da parte final!Xenial! Foi un gran culmen para unha gran mañá. Enviamos un forte abrazo a todo o equipo que forma o CEIP MESTRA MANUEL GARCÍA, polo cariño e o bo trato dispensado!!!

Actuaciencia no CEIP Pedro Antonio Cerviño ( Campo Lameiro, 10-11-10)

 
Sen dúbida, un dos mellores lugares que nos atopamos o longo do noso percorrido. Qué agradable é sentirse ben tratado dende o primeiro momento! nada máis poñer o primer pé na escola xa sabíamos que íamos a estar a corpo de Rei. A dirección e os mestres mostraron dende o primer momento interese polo noso traballo e porque todo saíse ben. Tivemos a sorte de dispor dun bo escenario e un bo equipo, pero sobre todo disfrutamos dun grupo humano xenial! Uns nenos e nenas moi participativos e agradables, que o final demostráronnos ter a lección ben aprendida ensinándonos todo o que descubriran ó longo da obra, estiveron atentísimos!!
 
Dende aquí, a nosa sincera noraboa ó CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO!!!!

lunes, 22 de noviembre de 2010

Actuaciencia no CEIP Mestre Valverde Mayo

Que pena!
Hoxe foi un deses días nos que mesmo nos plantexamos se estábamos indo ao sítio correcto. No CEIP Mestre Valverde Mayo, tendo un espazo axeitado para o teatro (con tarima, focos, etc) non lles apeteceu utilizalo. Os rapaces sentáronse na baldosa fría, e participaron moito, de máis por momentos, pero non culpamos aos rapaces.

Está claro que non fai falla moito para levar esta obra de teatro e que teña un resultado do máis digno aínda no espazo máis adverso e menos equipado pero, tendo o espazo...


En fin, agardamos que o alumnado disfrutara da obra a pesar das chamadas de atención que tivemos que darlles nós mesmos e que, se hai unha próxima vez, a seguinte función de teatro que se leve ao CEIP Mestre Valverde Mayo teñan o detalle de habilitar o escenario e o necesario para unha obra de teatro.

Actuaciencia no Museo do Mar de Vigo

No marco da entrega de premios que tivo lugar durante o programa de radio Efervesciencia da Radio Galega, tivo lugar a representación de Actuaciencia nas impresionantemente ben situadas instalacións do Museo do Mar.
Hai que decir que o público desta función non só entendeu moi ben senón que o máis probable é que puidese ensinarnos un par de cousiñas sobre as bacterias e sobre os antibióticos, pois había moito científico.
Moitas grazas a Pablo por ser tan atento e a Pío e aos seus fillos pola súa participación!

sábado, 20 de noviembre de 2010

Actuaciencia en el Museo de la Ciencia de Valladolid

Espero que todos entendáis el por qué de escribir esta entrada en castellano, las dos últimas representaciones de "Actuaciencia" se fueron a Valladolid. Qué experiencia representar esta obra en castellano! Para nosotros fue de lo más divertido y, me imagino, que también para los asistentes por que se nos coló alguna que otra palabra en gallego... además de un montón de trípticos! Vimos al alumnado que asistió por la mañana con caras de "Qué pone aquí?" cuando cogía el programa de mano del espectáculo en gallego.
Pero además de todo lo referente al idioma, el público pucelano nos ofreció su mejor cara para hacer que nosotros disfrutáramos con ellos tanto como ellos de nosotros. Primero con los más de 200 alumnos/as de los colegios en la representación matutina, por su entrega, su participación, su humor y sus aplausos. Y después por el público "de la calle" que asistió a un espectáculo/conferencia que hizo que valieran la pena las horas de coche y el cansancio.
Muchísimas gracias a Inés (directora del museo) por su acogimiento y trato, que hizo que nos sintiéramos como en casa, y a todo el personal del museo. Además de a Marta Vázquez por responder las preguntas del público tan bien.
Sólo nos queda recomendar a todo el mundo que tenga la suerte de visitar Valladolid que no se vaya sin ver las exposiciones del Museo de la Ciencia, después de que nos invitaran a ello os podemos decir que vale mucho la pena.

Actuaciencia na Domus, A Coruña

Como sitio clave das representacións de Actuaciencia, este xoves voltamos á Domus da Coruña para representar a obra nun poco común horario de tarde e coa participación en directo de Esteban Fernández (Doutor e coautor da peza). Aínda que non asistíu ningún colexio a esta representación non botamos en falla a participación, que foi marabillosa por parte dos visitantes á Domus.
O público tivo a oportunidade de facer preguntas sobre as bacterias e sobre os antibióticos a todo un experto na materia.
O único do que non quedamos contentos no equipo da obra foi non poder quedar á conferencia que se ofrecía despois, que tiña pinta de ser moi interesante, pero tivemos que coller os nosos bártulos e marchar a toda prisa cara a nosa seguinte entrada neste blog: O museo da ciencia de Valladolid!

Actuaciencia no CEIP Emilia Pardo Bazán

Que divertido! O CEIP Emilia Pardo Bazán é un coñecido de Xerpo polas súas clases de teatro e, claro, sempre é divertido actuar para xente que te coñece. Teñen un pequeno auditorio moi ben equipado e nun dos poucos nos que tivemos unha persoa que nos fóra axudando na montaxe e na desmontaxe do espectáculo.
Aínda por riba, o alumnado chegou cunhas ganas de participar e de pasalo ben que encantaron ao equipo da obra de teatro. Moitas grazas rapaces e rapazas!
Só botamos en falla un chisco de atención por parte do profesorado (do que non coñecimos a ninguén), aínda que se suplíu co conserxe, moi atento e amable.

Actuaciencia no CEIP Escultor Acuña

Onde queira que vaia este espectáculo sempre é benvido, a proba témola en moitas das nosas visitas a coles e centros culturais pero, o outro día, no CEIP Escultor Acuña de Vigo puidemos ver cómo os propios rapaces e rapazas dábannos a súa benvida coa maior participación e máis activa que tivemos até o momento nesta xira, lástima que ao final se lles fóse un pouco a man e tivese que poñer orden o profesorado.
Tamén cabe salientar que o de non ter camisetas para todos/as comeza a ser un problema nos coles nos que nos anuncian como "portadores de regalos". Por moito que nos fastidie non somos os reis magos e o alumnado non ten que saber que pode levar algo por que senón, se ao final non leva nada, frústrase e intenta conseguilo a gritos. Comeza a ser unha nota común en moitos centros, non quere dicir que ocorrera só neste.
Sacando cousas que rodean os pormenores dunha representación destas características, noraboa a todo o alumnado do CEIP Escultor Acuña, foi un pracer xogar con vós!

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Actuaciencia en Porto do Son

Que pasada de sitio, que bonito é Porto do Son, que pasada de alumnado e que profesores tan agradables.
Foi un pracer vir ata o centro cultural de Porto do Son, que nos recibíu discretamente para despois sorprendernos coa participación tan activa dos rapaces e rapazas do IES PORTO DO SON que viñeron a ver Actuaciencia.
Tamén foi xenial ter a oportunidade de falar con eles/elas despois da obra, moitas preguntas e moitas delas moi interesantes, ata deu tempo a algún chiste!
Moitas grazas a todos/as!

Actuaciencia en Mazaricos.

Primeiro bolo de Actuaciencia desta tempada e non puido ir mellor, un día de choiva, vento e frío que ao chegar a Mazaricos quentouse co calor do público do CEIP A PICOTA, moi boiños e participativos.
Ademáis o centro cultural tiña todas as condicións dun teatro en condicións. Temos que agradecer moito a Cristina pola súa atención, recibimento e, cómo non, polos cafés.