Páginas

viernes, 27 de noviembre de 2009

Actuaciencia no CEIP Tarrío, Culleredo.

A derradeira función de Actuaciencia na Coruña foi no CEIP, que máis tarde saberíamos foi onde estudaron Mucha e Nuncha (as cantareiras de Ardebullo), e xa sabemos de onde sacaron o humor, un xigantesco cole cheíño ata a bandeira dun abondoso alumnado, todos moi enxeñosos e participativos.
A función desenrolouse moi ben, pero aínda foi mellor cando Soraya, unha ex-alumna do CEIP Tarrío que actualmente forma parte do equipo investigador da resistencia das bacterias, púxose a disposición dos alumnos e alumnas para contestar a súas numerosas preguntas.
Non podemos evitar salientar as "táboas" de Soraya, que respondeu alto e claro a todas as preguntas, coma se levara toda a xira viaxando con nos! Moi ben!
Queremos agradecer a Mauro, o alumnado, e todo o persoal do CEIP Tarrío, a súa disposición, a benvida, os cafés e todo.
Un pracer!

No hay comentarios:

Publicar un comentario