Páginas

viernes, 16 de octubre de 2009

Superchelo


Hoxe estaba atascado correxindo o texto que vai ir no tríptico da obra. Atascado por que teño enferruxado a ortografía galega e porque teño que traballar no laboratorio e aínda por riba tiven un curso de microscopía de fluorescencia... O caso e que de repente apareceu Chelo a botar unha man. Creo que foi Mónica que lle contou que necesitaba axuda e apareceu ela. Chelo e filóloga galega e como me contou despois ten un neno e unha nena e por tanto gosta destas cousas. E así roubándolle o tempo a comida fomos correxindo gazapos. Chelo que non está contenta co resultado final pediume que lle mande o tríptico que mo vai podar e arranxar. Pois eso, que unha obra destas características ponse en marcha e logo son moitos a empurrar dela. Grazas Chelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario