Páginas
▼
martes, 6 de octubre de 2009
Peitos de silicona
Hoxe fun a piscina. Había uns rapaces, sobre dez anos, falando de peitos de silicona: que si unha da tele que tiña peitos como cabezas dixera non sei que, que si otra non sei canto. De repente un deles contou o caso de unha muller a cal se lle explotaran os peitos no avión. Houbo pausa histriónica. Non e para menos, imaxinarse con dez anos uns peitos explotando no avión da para uns segundos de experiencia gore. O caso e que un deles perguntou: "E como pode ser que uns peitos exploten?, pola presión dixo outro, e o que perguntou primeiro voltou a perguntar, Pero non están recheios de aire?". Si señor, velaí que temos un protocientífico. A pena e que as suas perguntas esteanse a formular a partir da telebasura. De eso trata Actuaciencia: mediante o teatro achegarse a mentes inquedas e poñelas diante das fronteiras do coñecemento. "Sembrar mentes e prantar árbores" como dicía Santiago Ramón y Cajal. De feito creo que este ano imos repartir landras en vez de lápices como regalos os participantes da obra de teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario