Antes de existir os antibióticos era normal que as familias perderan algún fillo debido a enfermidades infecciosas. Unha pulmonía, unha diarrea, a escarlatina... moitas enfermidades que agora cúranse cun antibiótico tiñan un custe en vidas alto sobre todo en maióres e nenos pequenos. A dor dos pais era tanta que cando se popularizou a fotografía se adoitaba vestir os nenos difuntos co as mellores roupas nun último intento de mantelos inmortalizados. Aínda hoxe arrepía contemplar estas fotos. A foto pertence o Arquivo José Moreira, depositado no Museo de Pontevedra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario