sábado, 20 de noviembre de 2010

Actuaciencia no CEIP Emilia Pardo Bazán

Que divertido! O CEIP Emilia Pardo Bazán é un coñecido de Xerpo polas súas clases de teatro e, claro, sempre é divertido actuar para xente que te coñece. Teñen un pequeno auditorio moi ben equipado e nun dos poucos nos que tivemos unha persoa que nos fóra axudando na montaxe e na desmontaxe do espectáculo.
Aínda por riba, o alumnado chegou cunhas ganas de participar e de pasalo ben que encantaron ao equipo da obra de teatro. Moitas grazas rapaces e rapazas!
Só botamos en falla un chisco de atención por parte do profesorado (do que non coñecimos a ninguén), aínda que se suplíu co conserxe, moi atento e amable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario