miércoles, 4 de noviembre de 2009

Taller de ciencia e creatividade



O fin de semana pasado asistín a un taller de ciencia e creatividade na Casa dos Peixes da Coruña. Asistiron varios científicos que trataron de facernos ver como existe a creatividade no eido científico. Xurxo Mariño nos falou da electricidade do cerebro e Anxel Carracedo contounos unha historia da sua vida, de como e posible que un rapaz dunha aldea galega se convirta nun dos mellores científicos no seu campo a nivel mundial. Anxel ten un equipo de 100 científicos traballando con él. O FBI e Scotland Yard acuden periódicamente o seu laboratorio para buscar consello nas técnicas que él domina. E un pouco o "Miragre Zara" de como nun recuncho como é Galicia se poden facer cousas de impacto mundial. As veces tendemos a pensar que aquí, so por o feito de ser Galicia, non se poden facer multinacionais, laboratorios de referencia mundial etc, e persoas como eles móstrannos que si se pode. Hai que traballar e ter ideas e pouco a pouco as cousas van saindo. Na primeira foto pódese ver a Xurxo Mariño mostrando os presentes como podemos visualizar a electricidade que hai no noso cerebro. O final do curso fixemos unha foto de grupo. A maioría dos presentes eran estudantes de carreiras de ciencias, excepto dunha rapaza que viña da facultade de filoloxía inglesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario