viernes, 27 de noviembre de 2009

Actuaciencia: Valoración da xira.

Todo o bo remata e a xira de Actuaciencia non ía ser menos. Zero Unha e Zero Un teñen que ocuparse de outras misións moi importantes. Non sen antes dicir que todos os coles foron gañadores do premio dalgçun ou outro xeito. En breve publicaremos o nome do cole que nos pasaron.

Polo momento, queren despedirse lembrando que todo isto non tería sido posibel sen a axuda, apoio, colaboración, promoción e moito máis de Esteban Fernández, nada disto tería ocorrido sen o seu traballo. Tamén queren agradecer a Mónica, a Soraya e a todo o equipo do INIBIC.

Por suposto, un servidor, quere agradecer moi especial e agarimosamente ás dúas mellores compañeiras de xira que se poden ter, Keka Losada e Natalia Cancela, traballadoras, simpáticas, comprometidas, puntuais (jeje!), moitas aventuras pasamos nesta xira e moitas que quedarán por vivir en outras xiras!

Moitas grazas a todos e todas, estade atentos nos próximos días para ver quén gañou o premio!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario