martes, 3 de noviembre de 2009

Actuaciencia no CEIP Curros Enriquez

Impresionante!!
Ese é o resumo da función do día 3 de novembro en Celanova. O alumnado e o profesorado fixéronnos sentir coma na casa, non só polo bo ambiente, bo rollo, benvidas, saúdos e presentacións, senón tamén pola participación activa no espectáculo e pola curiosidade dos repaces e rapazas que, lonxe de conformarse coas explicacións, preguntaban cada vez que tiñan oportunidade.
Ademais, despois de todo o pracer que foi ir ata Celanova e actuar no Curros Enriquez, convidáronnos a comer! Si, un caldo de impresión e unhas albóndegas con puré con patacas da terra...
En fin, un pracer en todos os aspectos, temos aquí a uns firmes candidatos ao premio.
Moitas grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario